Cartel_SenAnimoDeNome

O vindeiro domingo 4 de xuño a partir das 18h, véspera do Día Mundial do Medio Ambiente, participaremos na xornada artística de sensibilización medioambiental “Espertar, non ao cambio climático“, na que colaboran diferentes entidades. Nela, compañeiros de Hábitat montarán un pequeno stand con información sobre a nosa asociación, para quen queira achercharse a falar connosco. Así mesmo, aproveitaremos para facer unha breve intervención pública poñendo en valor as accións que levamos a cabo dende o Grupo en prol do estudo, a conservación e a divulgación ambiental, animando á cidadanía a participar nas numerosas xornadas abertas ao público que vimos organizando dende fai anos.

A xornada está organizada polo asociación cultural Sen Ánimo de Nome, entidade sen ánimo de lucro interesada na creación e o desenvolvemento de proxectos culturais comúns, e enmárcase na iniciativa “Cultura de Barrio” acollida polo Concello da Coruña.

Agardámosvos!