Continuamos ca VII promoción de Escola de Naturalistas. Este bloque especial estará dedicado aos morcegos, coa charla “Introdución aos quirópteros” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no enigmático mundo dos morcegos, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as especies mais representativas, coñeceremos os recursos necesarios para iniciarse neste eido e familiarizarémonos coas  técnicas de estudo.

Este bloque de contidos virá impartido polo compañeiro:

Roberto Hermida:

Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa tese “Morfología y sistemática del lobo ibérico (Canis lupus L. )”. No ano 2008 votou a andar o proxecto Morcegos de Galicia” dende a asociación Drosera, centrado no estudo e protección deste grupo de fauna. Na actualidade preside a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) na que fomenta os acordos para a protección das colonias de morcegos mediante a custodia dos seus emprazamentos.

Vémonos na Escola compañeiros!