Continuamos coa VII promoción de Escola de Naturalistas. Este sétimo bloque estará adicado á entomoloxía, coa charla “Introdución á entomoloxía” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos neste extenso á par que abraiante mundo dos invertebrados terrestres, coñeceremos as diferentes técnicas de estudo, ademais de consellos e experiencias útiles para os que se queiran iniciar neste apaixonante mundo.

Este bloque de contidos virá impartido pola compañeira do G.N.Hábitat:

Elia Pérez:

Vogal do G.N. Hábitat e Licenciada en Bioloxía pola Universidade de A Coruña, Máster en biodiversidade pola Universidade Autónoma de Madrid centrado na Lepidopteroloxía. Ten participado en diferentes xornadas e congresos, entre os que destaca o Congreso Español de Entomoloxía do ano 2015, no cal expuxo o seu estudo “Influencia de las carreteras A-4 y R-4 en los lepidópteros de la Reserva Natural “El Regajal-Mar de Ontígola””.

Vémonos na Escola compañeiros!