Continuamos ca VII promoción de Escola de Naturalistas. Este cuarto bloque estará dedicado á fotografía da natureza, coa charla “Introdución á Fotografía da Natureza” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no gratificante mundo desta disciplina, coñecendo as súas técnicas e aparellos, aprendendo as nocións básicas para perfeccionar a nosa técnica fotográfica e conseguir mellores resultados nas nosas tomas.

Este bloque de contidos virá impartido por dous compañeiros do G.N.Hábitat:

Xacobo de Toro:

Docente que entre moitas outras facetas, destaca a súa labor como asesor científico-técnico no gabinete de Maestros de educaBarrié (Fundación Barrié), o cal compaxina coa paixón pola fotografía da natureza, eido no cal ten acadado varios premios a nivel nacional e internacional.

Manu Ruíz:

Antigo alumno da Escola de Naturalistas, con moitos anos de experiencia na fotografía da Natureza, gran coñecedor da fotografía de paisaxe e fauna, incansable traballador para conseguir uns resultados impresionantes nas súas obras.

Vémonos na Escola compañeiros!