O vindeiro sábado 16 de marzo terá lugar unha nova xornada baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2019. Nesta ocasión, os voluntarios centrarán os seus esforzos na eliminación de especies exóticas e a posta en valor do bosque autóctono, nun espazo gravemente afectado polos incendios de anos pasados.

A actividade contará coa colaboración da Comunidade de Montes en Man Común de Picoña e o Concello de Salceda de Caselas, imprescindibles para realización da actividade.

Continuamos coa aposta pola implicación e conservación do medio natural!

Información e inscricións en rsc@abanca.com