Xa están aquí de novo os nosos Encontros Naturalistas, desta volta tocará enfundar as botas e saír ó campo para conmemorar o Día mundial da vida silvestre visitando un entorno privilexiado, a zona LIC (Lugar de Interese Comunitario) da costa de Dexo.

Ao longo da maña percorreremos os seus sendeiros, admirando e amosando a súa beleza paisaxística e natural, coñeceremos un pouco máis a súa flora e fauna, poñendo en valor este enclave do que podemos desfrutar e que está tan preto.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro sábado 03 de marzo ás 10:00h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!