Ramón F. Ramón, socio histórico do G. N. Hábitat e fotógrafo da natureza, é o convidado da terceira edición de Viaxes Naturalistas, cunha charla profusamente ilustrada sobre a fauna característica do norte de Noruega e Finlandia.

Esta actividade conta co apoio de BirdWild Tours: Birding & Wildlife Experiences, empresa especializada en viaxes ornitolóxicos e naturalistas personalizadas en Sierra Morena, Doñana, Extremadura e outros destinos interesantes da Península Ibérica, así como de González Almacén Fotográfico, distribuidores de material fotográfico desde 1997.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro venres, 12 de xuño do 2026, ás 20h no local social do G. N. Hábitat. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible. Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!