O vindeiro venres 12 de xuño pola tarde, o alumnado do CEIP Luis Seoane, acompañado das súas familias, participará nunha xornada de limpeza de residuos mariños. Será na praia de Canide (Oleiros), un espazo próximo ao centro educativo que forma parte do día a día da comunidade escolar. 

Durante a xornada, recolleranse os residuos presentes no areal, contribuíndo á conservación deste entorno costeiro e á protección da biodiversidade mariña. Ademais, a actividade servirá para reflexionar sobre a importancia de reducir os residuos, reciclar correctamente e adoptar comportamentos sostibles que axuden a preservar o medio ambiente.

Quérese fomentar así a implicación do alumnado e das familias no coidado da contorna, fortalecendo o vínculo cos espazos naturais que nos rodean e destacando a importancia de coidar deles de xeito colectivo.

Esta acción forman parte do proxecto Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025, financiado pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPA), e pola Xunta de Galicia.