Continuamos ca VI promoción de Escola de Naturalistas. Este noveno bloque estará adicado á Odonatoloxía, coa charla “Introdución á Odonatoloxía” e a súa correspondente saída de campo. Nel afondaremos no coñecemento das libeliñas e donicelas galegas.

Este bloque de contidos virá impartido polo compañeiro do G.N.Hábitat:

Cosme Damián Romay: biólogo, experto ornitólogo e avezado naturalista en multitude de campos, entre eles os odonatos, sobre os cales ten publicado varios articulos científicos tales como o que leva por titulo “Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica” (Romay et al, 2011. ligazón ao artigo), publicado no volume nº3 da nosa revista científica Chioglossa e do que é coautor. Así mesmo, participa activamente no foro galego de libeliñas, aportando os seus coñecementos e experiencia.

*Romay, C. D., Cordero-Rivera, A., Romeo, A., Cabana, M., Cabana, D. X. & Fernández-Martínez, M. Á. 2011. Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica. Chioglossa, 3: 21-36.

Vémonos na Escola compañeiros!

2018-06-19T10:51:42+00:0019 Xuño 2018|2 Comments

2 Comments

  1. Masús 5 Xullo, 2018 at 15:30 - Reply

    Boas. Nós na Laracha, chamámoslle cabaliños do demo. O máis ghrande chamámoslle Rei. Ás crias que tan nos ervales, nos reghos e rius debaixo das pedras chamámoslle Besbellos. Fai anos collíanse pra ire as troitas
    Pola parte de Trazo teñen outro nome O Rei, se me lembro xo poño por aquí. Saúdos

  2. Masús 7 Setembro, 2018 at 0:13 - Reply

    En Trazo, o rei chamanlle Esghanabois.

Leave A Comment