O vindeiro venres día 29 ás 18h, achégate, xoga e aprende sobre a flora e fauna da nosa contorna, participando na Xincana da natureza que celebraremos a carón da Torre de Hércules. Unha estupenda ocasión para que nenos (e non tan nenos) collamos conciencia sobre a diversidade que nos rodea.

A xincana enmárcase nos actos de celebración do IX aniversario deste emblemático monumento na Listaxe do Patrimonio Mundial, que comprenden un amplo e variado abanico de actividades abertas á cidadanía, que se celebrarán de martes 26 de xuño a domingo 1 de xullo

Descarga aquí o programa completo de actividades (formato pdf)

Acceso á descarga

Agardámosche!