Continuamos ca VI promoción de Escola de Naturalistas. Este terceiro bloque estará adicado á mastozooloxía, coa charla “Introdución á mastozooloxía” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no esquivo mundo dos mamíferos e nas súas técnicas de estudo, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as pegadas e rastros das especies mais representativas, as mellores guías para iniciarse neste mundo e as diferentes técnicas de estudo empregadas nesta especialidade.

Este bloque de contidos virá impartido por dous compañeiros e vogais da Xunta Directiva do G.N.Hábitat:

Andrés Pereira: Biólogo e naturalista. Centrou a súa tesina no estudo deste grupo faunístico analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e rata de auga –Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes del Duero, grazas ao cal adquiriu o DEA e a súa Suficiencia Investigadora nos estudos de Doutorado. Hoxe día compaxina a súa paixón pola natureza co desenvolvemento das actividades e proxectos levados a cabo polo G.N.Hábitat.

Manu Cernadas: Informático de profesión e naturalista de vocación, implicouse activamente no Grupo axudando na optimización dos procesos e técnicas desenvolvidas por G.N.Hábitat nos seus estudos. Ademais doutras funcións, colabora na xestión e posta en marcha dos proxectos de fototrampeo, grazas ao cal adquiriu un gran coñecemento desta técnica e das súas aplicacións no eido da mastozooloxía.

Vémonos na Escola compañeiros!