Compañeiros de Hábitat seguirán coa nosa aposta pola divulgación do patrimonio natural entre os máis novos, achegando aos alumnos do Colexio Esclavas do Sagrado Corazón da Coruña a natureza e os seus valores.

Obradoiros sobre recoñecemento de rastros, técnicas de estudo, moldes de pegadas de fauna e demais iniciativas permitirán que os rapaces coñezan e admiren á natureza, aprendendo a respectala e procurando espertar neles un interese polo estudo e a investigación científica.

Agardamos que estas iniciativas continúen favorecendo futuras xeracións de grandes naturalistas!