Anula os teus plans para o vindeiro 26 de maio,  tes unha cita connosco na V Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Coñecerás os mellores lugares para a observación de aves dentro da Reserva de Biosfera e pasarás unha xornada chea de emocions, aprendizaxe, boa compaña e aves, moitas aves. Todas as que consigamos ver ao longo do día!

Non precisas ter coñecementos previos, só ganas de saír ao campo e pasalo en grande. Cada equipo contará con ornitólogos experimentados para gozar ao máximo da actividade.

A xornada, de balde e aberta ao público​, terá lugar o vindeiro sábado 26 de maio​. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza​ (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

Nas seguintes ligazóns podes acceder a toda a información relativa a esta actividade. É importante que leas detidamente as bases de participación, nelas están explicadas polo miúdo as normas e requisitos para o bo desenvolvemento da xornada.

Bases e reglas de participación

 

Listaxe de aves

 

Mapa cos límites xeográficos onde se levará a cabo a maratón

 

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Os que o proban, sempre repíten. Anímate e ven connosco!

2018-05-08T19:30:16+00:009 Maio 2018|0 Comments

Leave A Comment