O vindeiro xoves 10 de maio, de 13 a 15h, convidados por estudantes universitarios e colaboradores do G.N.Hábitat (aos que agradecemos a invitación), participaremos nunha xornada que pretende abordar a problemática das Especies Exóticas Invasoras.

A actividade, aberta ao público e de balde, desenvolverase na Aula 7 da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (ver localización no mapa). Comezará coa proxección do documental “La pesadilla de Darwin“, que dará pé a un posterior debate aberto entre os asistentes e convidados, sumando entre todos un amplo coñecemento sobre a situación, repercusión e loita fronte a esta problemática ambiental.

Agardámosche!