O vindeiro sábado 9 de marzo, de 10 a 14h, terá lugar unha nova xornada baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2019. Desta volta, os voluntarios centrarán os seus esforzos na limpeza de residuos no litoral (praia da Lanzada), nunha Zona Especial de Conservación e integrada na Reserva Ornitolóxica do Grove.

A actividade contará coa colaboración da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO Birdlife) – Grupo Local Pontevedra , así como o Concello do Grove, que axudarán na consecución dos obxectivos e na posta en valor da riqueza biolóxica da zona.

Continuamos coa aposta pola implicación e conservación do medio natural!

Información e inscricións en rsc@abanca.com