Logo do éxito alcanzado no 2019, o Concello de Carballo lanza de novo o proxecto Eu quero Razo – Baldaio, que pretende crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido. Nesta campaña 2020, seremos de novo G.N. Hábitat, Senda Nova e ADEGA, as entidades ambientais encargadas do desenvolvemento das actividades programadas, conformando unha ampla proposta a prol da natureza.

Presentación oficial da campaña 2020 do proxecto Eu Quero Razo – Baldaio (26/06/2020. Imaxe © Concello de Carballo).

Co obxectivo de que canto mais se coñeza mais se respecte, Concello e asociacións levaremos a cabo xornadas divulgativas e de voluntariado ambiental, nos meses de xullo e agosto do 2020. Un bimestre cheo de actividades, nun fermoso marco natural. Todas as xornadas serán abertas ao público e de balde, así e todo, as prazas estarán limitadas (sendo imprescindible para a participación facer a inscrición previa a través dos formularios online habilitados para cada unha delas), e deberán respectarse en todo caso as medidas de prevención e seguridade derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Toda a información detallada do proxecto “Eu quero Razo – Baldaio” (programa completo de actividades, axenda, cartel, horarios, datas e formularios de inscrición) está dispoñible na web oficial habilitada polo Concello de Carballo…Non deixes de visitala!

Acceso á web Eu Quero Razo – Baldaio

O G.N.Hábitat, ligado a Baldaio dende fai moitos anos, será o encargado de levar a cabo un total de 6 actividades no marco deste proxecto, coas que forneceremos o coñecemento sobre a diversidade de flora e fauna vencellada a este espazo:

Xullo

Agosto

Na web poderás consultar en detalle estas 6 actividades, e descargar un pdf con documentación complementaria en cada unha delas.

Visita a web do proxecto, anótate nas actividades que desexes e…vémonos no campo

Enche o teu verán de natureza!