Continuamos coa nosa labor de divulgación ambiental entre os máis novos. Desta volta, acompañaremos un ano máis aos rapaces do Colexio Compañía de María polo Monte Xalo, a fin de descubrir os seus valores ambientais. Fauna, flora e xea agárdannos nesta área de especial interés do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Coñecer – Respectar – Conservar