A primeira actividade de Hábitat Protexe do 2020 rematou con sorpresas e con 1000 m2 de espazos naturais, que a Asociación Galega de Custodia do Territorio pode custodiar e conservar. 

Nada máis empezar a noite, Francisco Javier García Rey achegounos unha becacina (Gallinago gallinago) e todos puidemos gozar da súa beleza. Logo vimos varias becadas (Scolopax rusticola) voando, un raposo (Vulpes vulpes) e varias lebres (Lepus europaeus), todas iluminadas polo foco que levaba Francisco para poder mostrear este tipo de fauna. Logo Manuel Cernadas e Santiago Vázquez, ensinaronnos plumas, bibliografía e aparatos de mostreo para rapiñas nocturnas, morcegos e outros mamíferos. Mentres explicaban achegouse á luz, un macho dun escaravello coprofago (Typhaeus typhoeus), moi ligado a zonas gandeiras, pois as larvas estes insectos alimentanse de excrementos. Debido ao vento que fixo esa noite, non se escoitaron rapiñas nocturnas, aínda que sí puidemos observar morcegos (Pipistrellus pipistrellus) en varias das caixas que levan colocadas dende o 2016 no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Toda unha alegría!!

Agradecemos a todas as persoas que asistiron por colaborar con esta iniciativa e ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, por permitirnos desfrutar da fauna nocturna nas súas instalacións.

Vémonos na seguinte actividade de Hábitat Protexe para seguir axudando á conservación do noso!!