Este sábado día 8 de febreiro, o noso Vicepresidente Santiago Vázquez participará no faladoiro sobre biodiversidade organizado por Ecoloxistas en Acción Galiza, no marco dun Encontro aberto aos grupos de traballo desta organización. Un espazo de conversa coa natureza como eixe vertebral, onde aproveitaremos para poñer en valor os esforzos, traballo e accións levadas a cabo polo nosa entidade no eido do estudo, a divulgación e a conservación do patrimonio natural.

  • Cando: sábado 8 de febreiro ás 19h. Asistencia aberta a calquera interesad@.
  • Onde: Centro Cívico Cidade Vella (A Coruña): ver localización no mapa.

Dende Hábitat agradecer aos compañeiros de Ecoloxistas en Acción o seu convite.

Agardámosvos!