Queremos anunciarvos que dedicaremos este ano 2020 a este mustélido para que aprendamos da súa vida nos nosos ambientes acuáticos, o estado e algunhas problemáticas das súas poboacións. Así que a declaramos Especie do ano 2020 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Pronto publicaremos o tríptico informativo da Lontra (Lutra lutra), coma especie do ano, e dentro duns meses terá lugar a xornada divulgativa desta especie.