O pasado domingo 19 de xullo celebramos a VII Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” que este ano formou parte das Xornadas sobre ornitoloxía da citada reserva . Esta actividade formativa e lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” agás Miño e Sobrado [Territorio Leader Mariñas-Betanzos], durante un máximo de 17 horas.

A meteoroloxía acompañou cunha xornada de sol e bo tempo aos máis de 20 observadores que se animaron a descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, nun total de 7 equipos participantes.

O equipo número 3, formado por Santiago Vázquez, Inés Carballeira e Claudia Vázquez, non tivo rival e alzouse coa victoria cunha abraiante cifra de 75 especies avistadas e 99 puntos en total.

 

O equipo nº 1, cun total de 55 especies detectadas e 68 puntos, acadou o segundo posto na maratón

 

Finalmente o equipo nº 6, con 53 especies detectadas e 64 puntos, quedou co terceiro posto na maratón

 

Os resultados globais foron estupendos, chegando as 88 especies de aves detectadas en total. Cifras que a pesares da época estival, meses onde o número de especies é menor, non impediron que tanto monitores como asistentes, gozaran dunha xornada estupenda chea de bos momentos e moitas aves para a lembranza.

Este é o resumo das cifras por equipos:

 

Equipo Nº Especies Puntuación
Equipo 03 75 99
Equipo 01 55 68
Equipo 06 53 64
Equipo 05 52 58
Equipo 02 47 48
Equipo 07 46 47
Equipo 04 39 41
Total especies 88

 

Consulta aquí a lista completa de observacións por especie e Equipo.

A nosa noraboa aos gañadores, e o noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes polo seu esforzo, e por facer que cada ano siga a medrar a paixón polas aves da nosa contorna. Así mesmo, queremos dar as grazas á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo por, a pesares da dificil situación que vimos de pasar debido á emerxencia santiaria, seguir apostando un ano máis pola realización destas xornadas.

Vémonos na seguinte!!