Gústanche as aves? Queres aprender sobre elas ou desfrutar dunha apaixonante xornada de campo xunto a expertos ornitólogos? Pois xa tes plan para os vindeiros 29 e 30 de xuño,  coas Xornadas sobre ornitoloxía na Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Coñeceras os mellores lugares para a observación de aves dentro da Reserva de Biosfera, como diferencialas, e pasarás dúas xornadas cheas de emocións, aprendizaxe, boa compaña e aves, moitas aves.

Non precisas ter coñecementos previos, só ganas de aprender ou saír ao campo e pasalo en grande. Cada xornada contará con ornitólogos experimentados para gozar ao máximo da actividade.

As xornadas, de balde e abertas ao público, terán lugar os vindeiros 29 e 30 de xuño​ en xornada de maña. Así e todo, para a participación en calquera delas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través dos formularios habilitados. Podes formalizar a solicitude nunha ou en ambalas dúas.

Na primeira xornada, o sábado 29 de xuño, de 10 a 14h e través duha xornada formativa, iniciarémonos nesta disciplina. Veremos como diferenciar e identificar as especies de aves máis representativas presentes na nosa contorna, así como trucos e anécdotas da man de expertos ornitólogos con moitos anos de experiencia. Aprenderemos como empregar as ópticas e outros materiais usados no traballo de campo e aclararemos as posibles dúbidas que vaian xurdindo.

29 xuño – Inscrición Introducción á ornitoloxía

 

E na segunda xornada, o domingo 30 de xuño saímos ao campo! Que mellor maneira de poñer en práctica os nosos coñecementos e seguir aprendendo, que saíndo ao campo na compaña de avezados ornitólogos e velos en acción na VI maratón da Reserva de Biosfera MCeTM.

30 xuño – Inscrición VI Maratón ornitolóxica

 

Nas seguintes ligazóns podes acceder a toda a información relativa a esta segunda actividade. É importante que leas detidamente as bases de participación na maratón, nelas están explicadas polo miúdo as normas e requisitos para o bo desenvolvemento da xornada.

Bases e reglas de participación da maratón.

 

Listaxe de aves

 

Mapa cos límites xeográficos onde se levará a cabo a maratón

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da maratón, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar das actividades.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Os que o proban, sempre repíten! Anímate e ven connosco!