O vindeiro venres 31 de xullo, acompañados polos nenos e nenas do campamento Furancho Deportivo (Concello de Vimianzo), desenvolveremos unha xornada ambiental para achegarnos á natureza. Da nosa man, os rapaces aprenderán sobre a flora e fauna da súa contorna, e afondaremos na problemática do residuos nos espazos naturais. Un tempo de conversa e traballo colaborativo, a prol do patrimonio natural.

De seguro que pasaremos unha estupenda xornada!