20160627134336_LABRANZA

O pasado 5 de xuño, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente e da man de varias entidades organizadoras e colaboradoras, levamos a cabo a xornada nomeada “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade”, na que gozamos de diversas intervencións poñendo en valor a contorna agropecuaria e a súa relevancia na conservación da Diversidade Biolóxica, ao tempo que se fixo a presentación da Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia.

En vista da relevancia destas xornadas, tivemos a ocasión de contar cos compañeiros do programa Labranza da Televisión de Galicia, que dedicaron un dos seus programas á Biodiversidade, recollendo o tratado nesta xornada.

Deixámosvos á ligazón ao programa!

Ver reportaxe