O vindeiro sábado, 13 de decembro de 2025, terá lugar un novo obradoiro para entrar en contacto coa natureza na época invernal. Convidámoste a participar nesta actividade dedicada á creación de antotipias, unha técnica fotográfica artesanal que emprega pigmentos naturais extraídos de plantas para revelar imaxes de maneira sostible e respectuosa co medio ambiente.
O obradoiro desenvolverase no Local Social de Hábitat, en horario de 11 a 13 h. Durante a sesión aprenderemos a preparar emulsións vexetais, escoller os soportes axeitados e experimentar co proceso de exposición solar para crear imaxes únicas empregando exclusivamente elementos naturais.
A actividade está aberta ao público, a partir de 10 anos, sen necesidade de experiencia previa. As persoas socias do Grupo Naturalista Hábitat terán un desconto no prezo da actividade. Se queres gozar desta e outras vantaxes Faite socio/a!
-
- Socios/as G.N. Hábitat: 15 €
- Non Socios/as G.N. Hábitat: 20 €
As prazas son limitadas. Para poder participar, é obrigatorio realizar unha inscrición previa a través do formulario habilitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o número máximo de participantes permitido. Importante: cubrir o formulario non garante a praza ata recibir confirmación expresa por parte do Grupo Naturalista Hábitat.
Tes ata o xoves, 11 de decembro ás 14 h, para inscribirte!!!
No correo de reserva recibirás as indicacións para o pagamento, que xunto coa inscrición previa son imprescindibles para participar. As persoas inscritas estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidade civil e recibirán as recomendacións necesarias. Pídese compromiso coa asistencia e avisar se non é posible acudir para ceder a praza a outra persoa.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e acompáñanos nesta mañá chea de experimentación creativa e conexión coa natureza!!

Leave A Comment