Achégate connosco ao abraiante mundo dos mamíferos mariños! Comentaremos as principais características e adaptacións deste diverso grupo faunístico, falaremos das especies máis habituais nas nosas costas e coñeceremos o traballo desenvolvido pola Rede de Varamentos de Galicia, encabezada pol@s compañeir@s da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), e na que dende o G.N.Hábitat mantemos unha colaboración activa.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o luns, 8 de decembro do 2025, ás 10:30h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). A actividade terá unha primeira parte de contidos teóricos, á que lle seguirá unha experiencia práctica na que aprender os pasos máis elementais na asistencia a varamentos (esta parte, se a meteoroloxía o permite, poderá levarse a cabo no areal da praia do Matadoiro, próximo ao local do G.N.Hábitat, cuestión que será definida no mesmo momento da actividade co grupo asistente).
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment