cartaz-noucho

Os amigos de ADEGA contarán cos compañeiros Dani Monteagudo e Carla Soaje, avezados coñecedores das aves da nosa contorna, que acudirán nesta ocasión a Santiago para presentar o noso recentemente voado Proxecto Noucho.

A xornada, de balde, terá lugar o vindeiro xoves 30 de marzo ás 18h no local de ADEGA en Santiago. As prazas son limitadas, polo que é imprescindible apuntarse previamente nos datos de contacto facilitados polos compañeiros de ADEGA. Para máis información preme na seguinte ligazón:

Acceso á nova na web de ADEGA

Dende aquí, agradecer aos  compañeiros de ADEGA o seu interese e ofrecemento.

Anímate e segue o Noucho na súa viaxe por Galiza!