1as xornadas sobre biodiversidade en espazos agrogandeiros

Nos vindeiros días terá lugar a primeira das xornada dirixidas á posta en valor, implicación e conservación do medio natural, recollidas baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2017.

Nesta actividade o Voluntariado ABANCA, entre outras accións, levará a cabo unha plantación de sebes con especies vexetais autóctonas, en conmemoración do Día Internacional dos Bosques (Día da Árbore), celebrado o pasado 21 de marzo, e da iniciativa “Hora do Planeta 2017”, campaña de mobilización en prol do medio ambiente que se celebrará o vindeiro 25 de marzo promovida por WWF.

A xornada contará coa colaboración do Concello da Coruña, da man da Concellería de Medio Ambiente.