Un novo espazo para desfrutar e poñer a proba os teus coñecementos sobre a natureza e divertirnos ata o infinito e máis aló coa nosa fauna e flora.

Participar é tan sinxelo como facer clic na ligazón que facilitaremos e entrar no directo da nosa canle de Youtube á hora sinalada. Un membro do Grupo Naturalista Hábitat darache todas as indicacións necesarias para o xogo do día.

Hai dous niveis de dificultade: a primeira parte dedicáraselle aos máis xoves e recentes naturalistas e a segunda, para os veteranos e veteranas.

Atrévete e responde ás preguntas e desafíos que se che propoñan en directo a través do chat en vivo, adxunto ao video.

Es un naturalista? Retámosche a comprobalo. Aceptas o desafío?


Nos nosos segundos Naturaxogos imos falar sobre uns animais que teñen ás e pico, e falan e falan sen saber o que din.

Sabes de quenes falamos?

Gustaríache coñecelas un pouco máis xogando? Estamos seguros de que che vai a encantar.

O xogo terá lugar o vindeiro vernes, 22 de maio, ás 19:15h. Para participar entra na seguinte ligazón:

 

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org | 981 13 50 14

Animadevos e xogade con nos!!