xornada_sustentabilidade_redes

O vindeiro xoves 1 de decembro, coma todos os anos, Hábitat participará na que xa é a VII Xornada da Sustentabilidade da UDC, iniciativa organizada pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e na que diferentes entidades reunimonos para dar a coñecer as nosas actividades a todo aquel que se queira achegar, ao tempo que se levan á práctica diferentes iniciativas dirixidas ao fomento do consumo responsable, a mobilidade sostible e o coñecemento da natureza, entre outros obxectivos.

A xornada desenvolverase na Facultade de Dereito, no Campus Universitario de Elviña, en horario de 11 a 18 horas. Ao longo do día membros de Hábitat poñeremos en valor as nosas publicacións, actividades e proxectos nun stand informativo, e desenvolveremos un obradoiro de pegadas de fauna no que ensinaremos a facer moldes en escaiola.

Achégate e fainos unha visita!