Rematamos o pasado ano 2019 cunha actividade de Hábitat Protexe xunto coa Sociedade Galega de Historia Natural na praia de Sada. Asistiron 55 persoas e recaudaronse fondos que poden axudar a conservar 1000 m2 de bosques autóctonos. Estas doazóns destináronse integramente á Fundación Fragas do Mandeo. 

Non se puido chegar a hectárea conservada no 2019, aínda así, estamos moi orgullosos desta iniciativa, xa que entre a cota dos nosos socios, as actividades de Hábitat Protexe e doazóns particulares de socios e non socios, chegamos aos 1600€, os que se traducen en 8000 m2 de espazos naturais custodiados!! Neste 2019 aportouse a F.Fragas do Mandeo, Betula e Asociación Galega de Custodia do Territorio. Seguiremos traballando este 2020 para aportar máis, se cabe, a entidades de custodia do territorio.

Estade atentos, pronto comenzaremos con novas actividades de Hábitat Protexe neste 2020 para seguir traballando na conservación do noso!!