Este sábado, 21 de novembro, de 10:30 a 13:30, faremos unha xornada de retirada de eucaliptos coa Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de San Antón, na parte de monte que teñen en Mántaras (Irixoa), onde fai un ano plantaron especies forestais autóctonas e froiteiras, pero esa zona era unha plantación de eucaliptos e agora están rebrotando e nacendo por sementes o que pon en perigo a plantación.

A xornada é de balde e aberta ao público e para participar é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Restricións COVID: Lembra consultar as restricións de mobilidade presentes no teu concello de residencia. Podes consultalas en: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Restriccions-concellos

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!