Retomamos os nosos Encontros Naturalistas en formato virtual cunha charla de corte técnico onde descubriremos as aplicacións e potencialidades que ofrece a plataforma de rexistro de datos Observation

Así, alén de usar a web de Observation como un mero caderno de campo dixital, poderemos empregar as apps asociadas (ObsMapp/iObs/WinObs) para facer transectos, estacións de mostraxe, estimar densidades de especies, xerar mapas de distribución, etc. 

Para isto, contaremos con Cosme Damián Romay, administrador autonómico de Observation na Galiza e revisor de varios grupos faunísticos en Observation España. É biólogo colexiado e alumno de doutoramento no programa de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña. Autor de varios libros e de decenas de artigos sobre grupos faunísticos, principalmente aves, traballa como biólogo freelance empregando habitualmente a aplicación ObsMapp de Observation para a toma de datos en campo.

A emisión desta conferencia será en directo, o luns 23 de novembro ás 20:30 h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles de Facebook, YouTube ou Periscope, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!