O vindeiro xoves 26 de novembro terá lugar a xornada titulada “Posibilidades de Utilizacion da Fauna Útil para o Control de Pragas na Agricultura Galega“, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o G. N. Hábitat.
Nela poderemos descubrir xeitos innovadores de manter un estado saudable nas explotacións agrogandeiras empregando os servizos ecosistémicos que nos aporta a fauna.
A xornada, de balde e aberta ao público, celebrarase en formato presencial ou online o vindeiro xoves 26 de novembro. Para a participación na xornada é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado (data límite 24 de novembro):
O G.N.Hábitat confirmará as prazas vía email, utilizando a dirección de correo electrónico que fose indicada polo interesado na súa inscrición. As comunicacións de confirmación de praza incorporarán, de ser o caso, as ligazóns correspondentes ás salas de videoconferencia, a través das cales se poderá gozar dos relatorios.
Podes descargar o cartel co programa completo das xornadas na seguinte ligazón:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Ola.
As charlas graváronse, pódense ver dalgunha maneira ?
Grazas
Ola Carlos, lamento informarche que, por problemas técnicos, só se gravaron as charlas da tarde. En canto nolas fagan chegar, subirémolas á nosa canle de Youtube. Tamén está previsto que se colguen na web do CIAM as presentacións en formato PDF, agardamos que sexa pronto. Cando estea dispoñible, faremos aviso por mail e redes sociais. Grazas!
Hola, non sei tendes novidades de se publicaron as diapositivas ou videos desta xornada.
Na web do Ciam non atopei nada.
Saúdos
Ola. As gravacións foron realizadas polo CIAM, pero lamentamos dicirvos que finalmente non as fixeron públicas.
Un saúdo.