Este venres, 9 de agosto, da man dos usuari@s dos Programas de atención integral á infancia, xuventude e familias da Fundación Juan Soñador, continuaremos coas tarefas de retirada de especies invasoras no marco do programa Hábitat sen E.E.I. Novamente poñeremos o foco no benquerido Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, onde avanzaremos no proceso de recuperación ambiental que levamos a cabo na contorna dende fai 7 anos.
Grazas pola vosa implicación, rapaces!

Leave A Comment