Este domingo convidámoste a participar nun novo obradoiro! Desta volta levaremos a cabo un taller de elaboración de cadernos de campo artesanais, onde os participantes que desexen acudir poderán facer e personalizar a man cadansúa libreta, quedando con ela para futuras saídas de campo. 

Coexistindo con numerosas ferramentas e aplicacións dixitais, o caderno de campo tradicional (libreta, papel e lapis) continúa sendo unha ferramenta moi útil para iniciarse no mundo do naturalismo, xa que nos permite coller bos hábitos á hora de rexistrar as observacións que fagamos nas nosas saídas de campo, practicar o debuxo da natureza, e mesmo servirnos de pequeno banco de mostras onde gardar plumas, follas, pelos e demais elementos. En definitiva, un recurso estupendo para impulsar unha cultura científica e un espírito investigador. E que mellor que comezar facendo o noso propio caderno! Reutilizaremos materiais para facer as tapas, empregaremos follas de papel reciclado e aprenderemos unha técnica de costura con fío natural para encadernar as nosas libretas. Finalmente, decoraremos os cadernos segundo máis nos guste e poderemos levalos connosco, listos para enchelos de anotacións nas nosas saídas de campo… Abofé que pasaremos un rato entretidos!

A xornada, aberta ao público, terá lugar o domingo, 28 de xuño do 2026, ás 16:30 h no local social do G.N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña: ver localización no mapa). Debido á complexidade da técnica de costura que aprenderemos, o obradoiro está especialmente dirixido a maiores de 12 anos. Os máis cativos que desexen acudir serán tamén benvidos, mais é probable que precisen da axuda para poder elaborar o caderno.

A actividade terá unha cota de inscrición e o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos.

  • Socios/as do G.N. Hábitat:
    • Menores de 18 anos: 5 €
    • Maiores de 18 anos: 8 €
  • Non socios/as do G.N. Hábitat:
    • Menores de 18 anos: 8 €
    • Maiores de 18 anos: 15 €

Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!