O IV Bioblitz de Piornedo celebrarase os días 4 e 5 de xullo na aldea de Piornedo, (Cervantes, Lugo)  no corazón dos Ancares, reunindo persoas expertas e afeccionadas á natureza para descubrir, identificar e inventariar a biodiversidade local. Trátase dunha actividade participativa de ciencia cidadá que ten como obxectivo inventariar a biodiversidade local, contando coa colaboración de persoas expertas e afeccionadas de distintos ámbitos (botánica, micoloxía, fauna, insectos, etc.). Ao longo da fin de semana realizaremos saídas de campo, obradoiros e actividades para todos os públicos, nun espazo de alto valor natural e cultural.

Esta iniciativa de ciencia cidadá busca contribuír ao coñecemento e á conservación do patrimonio natural da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, ao tempo que pon en valor a súa riqueza cultural e paisaxística.

Programa:

Sábado, 4 de xullo

11:30 h. – Recepción dos participantes en Piornedo
11:45 h. – Presentación do bioblitz
12:00 h. – Itinerarios de descuberta de biodiversidade (I).
15:00 h. – Degustación de produtos da Reserva
17:00 h. – Itinerarios de descuberta de biodiversidade (II).
20:00 h. – Posta en común dos resultados da primeira xornada
21: 00 h. – Cea
22: 00 h. – Mostraxes nocturnas de morcegos e avelaíñas

Domingo, 5 de xullo

10:00 h. – Itinerarios de descuberta de biodiversidade (III)
14:30 h. – Posta en común dos resultados da segunda xornada
15:00 h. – Degustación de produtos da Reserva
17:00 h. – Visita guiada por Piornedo
18:30 h. – Peche do Bioblitz

As prazas son limitadas. A actividade é gratuíta e aberta ao público, para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

Esta actividade enmárcase dentro das axudas da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.

Dúbidas e comentarios en custodiadoterritorio@gmail.com