O vindeiro sábado 08 de xuño do 2019, de 09:30 a 13h, tes unha nova cita con Hábitat Protexe! Nesta ocasión acompañaremos aos compañeiros do Grupo de anelamento Hércules nunha xornada de anelamento científico de aves, na súa estación de esforzo constante en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo que levan a cabo os nosos grupos de anelamento para aumentar o coñecemento sobre as aves que nos rodean.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (15 prazas). Para poder asistir é imprescindible a inscrición a través do seguinte formulario:

Acceso ao formulario de inscrición

 

Tes ata o xoves 06 de xuño ás 20h para anotarte!

No correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Socios G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos (menores de 14 anos): 5€
  • Adultos (maiores de 14 anos): 8€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade, será moi ben recibido, axudarás a protexer o noso patrimonio natural.

O recadado destinarase integramente á entidade de custodia: Fundación Fragas do Mandeo (FFM). Esta entidade foi fundada no 2010 có obxectivo adquirir e custodiar parcelas de alto valor ambiental en As Mariñas (A Coruña), en especial no espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo. Actualmente, FFM ten en custodia 268.340 m2, en lugares como o Monte da Espenuca (Coirós), a Lagoa de Sobrado (Sobrado dos Monxes) ou ribeiras de ríos coma o Mandeo (Aranga) ou o Mendo (Oza-Cesuras).

É importante que lembres que para asistir a esta actividade é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!