Nova xornada da iniciativa Hábitat Protexe, o sábado 8 de xuño do 2019 acompañamos ao Grupo de Anelamento Hércules pola contorna da desembocadura do río Anllóns en Ponteceso. Puidemos gozar das explicacións dos aneladores e coñecer o gran esforzo que lle adican ó seguemento das aves nas súas rutas migratorias.

Acompañounos o bo tempo, vento frouxo e temperaturas. Foi unha xornada moi agradable e entretida, con 57 aves marcadas de 12 especies, entre elas: cardeal común (Pyrrhula pyrrhula), Gabeador común (Certhia brachydactyla) Pimpín común (Fringilla coelebs), Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) e lavandeira real (Motacilla cinerea).

Coa achega económica pola vosa asistencia, colaborouse co traballo de custodia que fai a Fundación Fragas do Mandeo día a día para que todos nós poidamos gozar do bosque de ribeira que protexe ó río Mandeo. O recadado polos non socios irá destinado integramente a esta entidade de custodia que lle permitirá custodiar case 250 m2 de bosque autóctono e que será conservado a partir dese momento.

Animádevos tamén a participar coa Fundación Fragas do Mandeo nas xornadas de voluntariado ambiental, colaborando así dunha forma máis activa.

Vémonos na seguinte xornada de Hábitat Protexe para seguir axudando á conservación do noso!!