A mostra coas 194 ilustracións presentadas ao VI Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A fraga encantada do encoro” , organizado polo G.N.Hábitat da man de Emalcsa, e que contou coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, viaxa a Sada para a súa exposición con motivo da gala do Programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera”.
- Espazo de exposición: Casa da Cultura Pintor Llorens (Avenida do Porto s/n. 15160, Sada – A Coruña. ver localización no mapa).
- Datas de exposición: 30 de maio a 14 de xuño do 2019.
- Horario de visita: luns a venres, de 9 a 14h e de 16 a 21h. Sábados, de 10 a 13h.
Achégate a este fermoso paseo pola natureza a través da ilustración.
Máis información:
- Gañadores do VI Certame de Debuxo
- Calendario 2019 do G.N.Hábitat (dispoñible para libre descarga en pdf)

Leave A Comment