Hábitat ven de embarcarse nunha nova aventura. Nestes meses de verán, e grazas á implicación dos colaboradores da entidade, participamos activamente no European Stag Beetle Monitoring Network, proxecto de ámbito internacional que pretende o seguimento da especie Lucanus cervus: a nosa prezada Vacaloura, tamén coñecida como escornabois ou aforcapitos. Así, dun xeito altruista e baixo un protocolo científico definido, establecimos na contorna diversos treitos onde realizar os nosos transectos, rexistrando resultados e observacións co gallo de poder aportar o noso gran de area a un proxecto destas dimensións. E polo de agora, xa con boas novas e sorpresas, coma sempre deparan as xornadas na natureza.

O noso apego por este fermoso escaravello ven de lonxe, motivo polo cal foi proposto como Especie do Ano 2016 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Se as atopas e queres aportarnos as túas citas, pódelo facer facilmente! Descubre como na seguinte ligazon:

Campaña 2017-Vacaloura (Lucanus cervus)

Dende Hábitat, grazas a todos os compañeiros que vides de sumarvos nesta iniciativa!