Cartel Vacaloura 2017

Xa están aquí de novo as nosas benqueridas vacalouras, e dende o G.N. Hábitat animámosvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016” na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Con elas conseguiremos afondar no coñecemento da abundancia e distribución desta especie de escaravello.

Toda a información sobre a especie e a iniciativa levada a cabo seguides téndoa dispoñible na sección da especie Lucanus cervus, Vacaloura.

Para aportar as vosas citas podedes cubrir o formulario online habilitado a tal efecto.

Aporta as túas citas

Para observalas, aínda que poden verse de día, a meirande parte da súa actividade é maior ao solpor e á noite.

Como ocorre en moitos escaravellos, os adultos non son moi lonxevos: viven entre quince días e un mes. Pódense observar de xuño a setembro, tendo o seu pico de actividade en xullo.

Animadevos a transmitir as vosas observacións!!