portada

Mañá xoves 17 de novembro Hábitat participará nas Xornadas de Biodiversidade e Deseño Urbano “A Coruña + Natural”, nas que presentaremos o Mapa da Diversidade Biolóxica do Concello da Coruña que estamos a desenvolver dende a nosa entidade.
A xornada, que se desenvolverá no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez), contará coa presenza de moitas personalidades vinculadas ao Medio Ambiente e a Planificación Urbanística: técnicos, xestores e responsables da Administración, integrantes de entidades de conservación da natureza, así coma outros actores económicos, sociais e público interesado.

Son moitos os obxectivos destas xornadas, entre os cales se atopan:

■ Estimular a implementación de criterios de fomento de conservación da Biodiversidade no deseño e planificación das zonas urbanas, a través do intercambio de experiencias exitosas.
■ Concienciar sobre a necesidade de promover a preservación da Biodiversidade urbana e a incorporación de criterios de conservación nas diferentes estratexias e iniciativas das entidades locais.
■ Promover a implicación cidadá na conservación da Biodiversidade.
■ Crear oportunidades de disfrute e interacción coa natureza na cidade, promovendo a protección de espazos e especies.

Agardamos poder aportar o noso coñenecemento e experiencia sobre a biodiversidade presente na nosa cidade.

Máis información na seguinte ligazón