De novo gran participación nesta edición, nen@s e maiores de todas a idades achegáronse un ano máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no XIII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre da cunca do río Mero e o encoro de Cecebre”.
Continuando co ciclo estacional de certames centrados nas especies que habitan no Encoro de Abegondo-Cecebre, nesta ocasión a convocatoria foi denominada co título “Primavera no encoro” para celebrar a chegada de tan esperada estación. A primavera é unha época do ano marcada pola explosión de vida: flores que se abren, animais que regresan da invernada e moitos procesos naturais que se poñen en marcha. Durante estes meses, as plantas medran con forza, moitas aves migradoras volven para criar e os insectos polinizadores enchen os espazos de actividade. A diversidade de cores, formas e comportamentos que aparecen nesta época do ano fan da primavera un momento único para observar e debuxar a natureza.
Este ano achegáronse un total de 188 ilustracións, dun total de 143 participantes, unha gran acollida, ao igual que nas edicións anteriores!
O reparto por categorías foi o seguinte:
- 1ª Categoría (menores de 14 anos): 88 ilustracións, dun total de 74 participantes.
- 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 94 ilustracdións, dun total de 69 participantes.
- Fora de concurso: 6 ilustracións que non cumpren a normativa do certame.
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!
Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras… Estade atent@s!
Actividade encadrada dentro do programa: Promove:



Leave A Comment