Chegamos á 13ª convocatoria! O Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e no marco da iniciativa COAWA, comprácese en organizar unha nova edición do seu tradicional Certame de Debuxo da Natureza: “Vida silvestre da cunca do río Mero e o encoro de Cecebre”, nesta ocasión baixo a temática “Primavera no encoro“.
Seguimos co ciclo estacional de certames centrados nas especies que habitan no Encoro de Abegondo-Cecebre. Nesta ocasión celebramos a chegada da primavera, unha estación marcada pola explosión de vida: flores que se abren, animais que regresan da invernada e moitos procesos naturais que se poñen en marcha. Durante estes meses, as plantas medran con forza, moitas aves migradoras volven para criar e os insectos polinizadores enchen os espazos de actividade. A diversidade de cores, formas e comportamentos que aparecen nesta época do ano fan da primavera un momento único para observar e debuxar a natureza. Co título “Primavera no Encoro”, convidamos a reflectir esta beleza e vitalidade nos vosos debuxos, inspirándovos nas especies das cuncas dos ríos Mero e Barcés, como o amieiro, a anémona dos bosques, a cantarela, a ra de Santo Antón ou a anduriña de cu branco, entre outras.
Con esta iniciativa pretendemos que a cidadanía se achegue á natureza a través da arte, promovendo a observación e o coñecemento da flora, fauna e xeoloxía do espazo natural protexido do encoro de Cecebre, parte da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
🎨 A participación é gratuíta e aberta a todas as persoas, sen importar a experiencia previa en ilustración. O único requisito é ter ganas de observar, aprender e crear.
Hai dúas categorías de idade (menores e maiores de 14 anos), con premios para as obras máis destacadas. As ilustracións seleccionadas formarán parte do Calendario 2026 do Grupo Naturalista Hábitat.
📅 Data límite para participar: 10 de outubro de 2025. O proceso de inscrición é en liña e sinxelo.
📥Toda persoa que desexe participar deberá ler e cumprir o recollido no documento das Bases Reguladoras (dende as cales se da acceso ao formulario de inscrición online), dispoñibles na seguinte ligazón:
Anímate, difúndeo e axúdanos a superarnos este ano!!
* Se queres atopar máis información, imaxes e vídeos de anteriores convocatorias desta iniciativa, visita a seguinte ligazón: novas do certame na nosa web.
🔎 Para máis información ou consultas: 📧 inscricion@gnhabitat.org 📞 981 135 014
Actividade encadrada dentro do programa: Promove:



Leave A Comment