O vindeiro venres, 1 de decembro nas instalacións do INGACAL-CIAM (ver mapa) celebrarase a 3ª Xornada “A Paisaxe Agraria Galega e Biodiversidade”. A xornada constará de varios relatorios, nos cales estudosos nestes eidos expoñerán as súas investigacións cos seus resultados, experiencias e consellos de diversas técnicas agrícolas e gandeiras no beneficio e conservación da biodiversidade.
Con estas xornadas pretendese que os profesionais do sector agropecuario poidan aplicar medidas sinxelas e moi beneficiosas, non soamente para a súa produción, senón tamén para súa contorna natural.
A xornada é de balde e aberta ao público, terá lugar en horario de maña de 09:30 a 14:00h. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario online habilitado:
As prazas son limitadas. En calquera caso seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
- Descarga do cartel da xornada (formato .pdf)
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment