O Grupo Naturalista Hábitat ten o pracer de presentar os resultados do XII Certame de Debuxo da Natureza, nesta edición centrada no tema “Inverno no Encoro”. Este certame, xa consolidado como un referente, celebrou unha nova edición coa colaboración da Cátedra Emalcsa da Universidade de A Coruña e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O noso máis sincero agradecemento a todas as persoas participantes, cuxo talento e paixón pola natureza quedaron reflectidos nas súa obras.
A temática deste ano evocou a calma do inverno, unha estación onde a flora e fauna se adaptan ao frío. As obras presentadas amosaron con gran sensibilidade as paisaxes, os procesos naturais e a vida silvestre do Encoro de Abegondo-Cecebre nesta época do ano.
CATEGORÍA ADULTOS
Os premios principais nesta categoría recaeron nas seguintes obras:
- 1º Premio: Carmela Casás Otero, cunha obra sobre o abruñeiro (Prunus spinosa). A ilustración destaca pola súa delicadeza e precisión botánica, amosando diferentes fases da planta, dende as flores ata os froitos maduros. A composición reflicte non só o ciclo vital da especie, senón tamén unha harmonía cromática que resalta a beleza do abruñeiro, todo executado cunha técnica exquisita que combina detalle e sensibilidade artística.
- 2º Premio: Lucía Fuentes Fachal, cunha obra sobre o caracoleiro espiñento (Cychrus spinicollis). A ilustración destaca pola súa minuciosidade na representación desta especie, mostrando con gran detalle a estrutura corporal e as características que definen este escaravello. A elección cromática resalta a textura e adaptación ao seu entorno invernal, facendo desta obra unha excelente combinación de precisión científica e sensibilidade artística.
- 3º Premio: Eduardo Riveriego Moreira, cunha obra sobre o armiño (Mustela erminea). A ilustración destaca pola súa calidez e realismo, capturando con gran habilidade as características distintivas desta especie. A textura do pelame está traballada con minuciosidade, e a postura do animal transmite unha sensación de alerta e vitalidade. Esta obra combina detalle técnico cun enfoque que realza a personalidade do armiño no seu hábitat natural.
Outras premiados amosaron a riqueza da fauna e flora do encoro.
- A paxara (Aglais io) de Erika Moure Cebey
- O morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros) de Leyna Yaiza Cárdenas González
- O pato chupón europeo (Aythya ferina) de Aleixo Pérez Aponte
- A píllara dourada europea (Pluvialis apricaria) de Mariña Aparicio Castro
- O tordo real (Turdus pilaris) de Aroa Losada Castro
- O úbalo común (Spinus spinus) de Inés Varela González
- O bufo pequeno (Asio otus) de Catherine Pérez Canosa
- O furafollas pequeno (Sorex minutus) de Jimena Lechuga Sánchez
- A ra vermella (Rana parvipalmata) de Eduardo Núñez Armas
- Os marteliños (Narcissus cyclamineus) de Paula Martinez Risco
- A violeta brava (Viola riviniana) de Claudia Cotrofe Criado
Moitas destas obras serán incluídas no calendario 2025 do Grupo Naturalista Hábitat, axudando a divulgar a importancia da conservación.
As especies “Lique de barba” (Usnea hirta) e “Loureiro” (Laurus nobilis) non recibiron premio nesta edición.
CATEGORÍA INFANTIL
Os máis pequenos tambén demostraron o seu talento e creatividade. As obras premiadas nesta categoría destacan pola súa frescura e colorido, reflectindo a conexión da infancia coa natureza. Entre elas destacan:
- A paxara (Aglais io) de Icia Cillero Maneiro
- O caracoleiro espiñento (Cychrus spinicollis) de Sol Otero Pérez
- O lique de barba (Usnea hirta) de Carmen Cernadas Otero
- O loureiro (Laurus nobilis) de Icía Otero Pérez
- O morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros) de Ana Varela Sampayo
- O pato chupón europeo (Aythya ferina) de Valentina Rodriguez Penela
- A píllara dourada europea (Pluvialis apricaria) de Nuno Otero Pérez
- O tordo real (Turdus pilaris) de Nuno Otero Pérez
- O úbalo común (Spinus spinus) de Lucia Varela Sampayo
- O bufo pequeno (Asio otus) de Alejandra Patiño Mosquera
- O armiño (Mustela erminea) de Olivia Barata Pereira
- O furafollas pequeno (Sorex minutus) de Zoe Méndez Martín
- A ra vermella (Rana parvipalmata) de Alex Leon Pacheco
- Os marteliños (Narcissus cyclamineus) de Icía Otero Pérez
- A violeta brava (Viola riviniana) de Zoe Méndez Martín
- O abruñeiro (Prunus spinosa) de Siena Barata Pereira
Moitas destas obras tamén formarán parte do calendario 2025, contribuíndo a sensibilizar sobre a protección do patrimonio natural.
ENTREGA DE PREMIOS
A cerimonia de entrega de premios celebrarase proximamente. Comunicaremos a data e o lugar unha vez estean confirmados. Animamos a todos os participantes, familias e amigos a acompañarnos neste evento tan especial, onde celebraremos o talento artístico en contacto coa natureza.
AGRADECEMENTOS
Queremos expresar o noso profundo agradecemento á Cátedra Emalcsa da Universidade de A Coruña, á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e a todas as persoas participantes que fan posible que este certame sexa unha realidade ano tras ano.
Parabéns aos gañadores e grazas a todos os que contribuíron ao éxito desta edición!
Promove: Colabora:






Leave A Comment