Desde os días 4 ao 8 de xullo do 2024 celébrase o European Moth Night, a Noite Europea das Avelaíñas, e por ese motivo tiñamos moitas ganas de facer algunhas actividades de avelaíñas.
A primeira será este xoves, 4 de xullo, ás 23h, que a retransmitiremos en directo para todas aquelas persoas que se queiran conectar e que viven lonxe de nós para poder desfrutar das nosas actividades.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
</p>
A segunda será o venres, 5 de xullo, de 22h a 01h, en Carral ao lado do río Brexa e que será aberta ao público e gratuita, pero como as prazas son limitadas é necesario que vos inscribades antes no seguinte formulario:
O terceiro será o sábado, 6 de xullo, de 22h a 01h, en Dexo (Oleiros), coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo.
Esta actividade tamén é gratuíta e é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario:
Nestas actividades contaremos co apoio da Asociación de Veciños de San Antón de Dexo, de Brexa e da Sociedade para a Conservación e o Estudo das Bolboretas en España (SOCEME)
Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en: avv.sananton@gmail.com │ 677463493 – inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!


Leave A Comment