Este sábado, 6 de xullo do 2024, de 10:30h a 13:30h, iremos ata a Zona de Especial Conservación da Costa de Dexo xunto coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo (Oleiros) para descubrir os polinizadores que podemos atopar neste espazo natural. Aprenderemos das abellas, das moscas das flores, dos escarabellos e bolboretas que podemos atopar nas nosas flores.
As prazas son limitadas. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado pola A.V.V. de San Antón de Dexo:
Pola noite tamén aprenderemos das avelaíñas da zona, cunha mostraxe con luces para atraelas e desfrutar das súa gran variedade de formas, cores e modos de vida.
Esta actividade tamén é gratuíta e é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario:
Dúbidas e comentarios en: avv.sananton@gmail.com │ 677463493 – inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!


Leave A Comment