montaxe

O G.N.Hábitat, como entidade dedicada ao estudo, divulgación e conservación do patrimonio natural, radicada na Coruña e interesada na xestión dos espazos verdes desta cidade, ven de sumarse ao proceso participativo para aportar a súa visión sobre os usos do Parque de Bens, iniciativa posta en marcha polo Concello da Coruña.

Así, hoxe mesmo acudimos a un primeiro encontro informativo, dentro da convocatoria de datas establecida polo goberno municipal, e que culminará cunha xornada prevista para o vindeiro 29 de setembro, na que novamente agardamos poder estar presentes.

Máis información na seguinte ligazón